Powered By Blogger

Logo

Logo
Tecnoloxías da información e da comunicación

lunes, 15 de diciembre de 2014

Exercicio 2: ENGADIR MÁIS ETIQUETAS

Como a páxina web que xa vos ensinei na entrada anterior era demasiado sinxela, engadinlle unhas cantas fotos e frases a partir de etiquetas HTML máis complexas.



Exercicio 1: A MIÑA PRIMEIRA PÁXINA WEB

Por primeira vez fixen a unha páxina web dun xeito diferente ao habitual e moito máis sencillo, empregando o código HTML. Aqui vos deixo a captura da mesma.




martes, 9 de diciembre de 2014

Diseño de páxinas webs: O LINGUAXE HTML

Para comezar, a linguaxe HTML ou código HTML é a escritura das páxinas webs.
Con el podemos dar forma a tódolos elementos que compoñen unha páxina web mediante etiquetas HMTL.
  • ETIQUETAS HTML:
As etiquetas HTML son marcas representadas entre corchetes angulares que sinalan o fragmento do texto ao que queremos aplicar un efecto ou modificalo.
O esquema dunha etiqueta HTML é o seguinte:


  1. Etiqueta: é o nome da etiqueta.
  2. Atributo: é unha característica da etiqueta que pode ser modificada.
  3. Valor: é o valor que lle damos ao atributo.
  4. Contido: texto ou fragmento de texto que se sitúa dentro das etiquetas de apertura e peche, ao que se lle aplica un efecto determinado.
  • ESTRUCTURA DUNHA PÁXINA WEB:
Toda páxina web debe presentar o seguinte formato:
  1. Todos os documentos teñen que comenzar coa etiqueta de abertura <html> e rematan coa mesma, pero de peche.
  2. Estructúrase en duas partes, <head> a de cabeceira, e <body> e o corpo.
  3. Entre as etiquetas <head> e <head> encóntranse a información acerca do tipo de documento que se trata, que tipo de codificación usa, etc.
  4. Entre as etiquetas <title> e <title> atópase o nome da páxina, que aparece na barra de título do navegador. Ponse na cabeceira do documento, entre <head> e <head>.
  5. O contido do documento web (imaxes, texto, vídeos, etc.) colócase entre as etiquetas <body> e <body>.



lunes, 1 de diciembre de 2014

Diseño de páxinas webs: ¿QUE É UNHA PÁXINA WEB?

O método máis coñecido polo que a Internet se comunica connosco é a través das páxinas webs no protocolo HTTP.
  • Unha páxina web é un documento dixital que, ademais de texto, contén archivos multimedia (sons, imaxes, vídeos, animaciones), e enlaces que dan acceso a páxinas que están relacionadas coa mesma.
  •  Un navegador é un programa que é capaz de interpretar as páxinas webs.
  • Un hipervínculo é un fragmento de texto enlazado, de maneira que cando facemos clic nel accedemos a unha páxina web relacionada coa que estamos vendo.
  • Un documento HTML é outro nome co que se designan as páxinas webs, debido a que o termo HTML fai referencia ao linguaxe co que se crean as páxinas webs.