Powered By Blogger

Logo

Logo
Tecnoloxías da información e da comunicación

lunes, 15 de diciembre de 2014

Exercicio 2: ENGADIR MÁIS ETIQUETAS

Como a páxina web que xa vos ensinei na entrada anterior era demasiado sinxela, engadinlle unhas cantas fotos e frases a partir de etiquetas HTML máis complexas.



Exercicio 1: A MIÑA PRIMEIRA PÁXINA WEB

Por primeira vez fixen a unha páxina web dun xeito diferente ao habitual e moito máis sencillo, empregando o código HTML. Aqui vos deixo a captura da mesma.




martes, 9 de diciembre de 2014

Diseño de páxinas webs: O LINGUAXE HTML

Para comezar, a linguaxe HTML ou código HTML é a escritura das páxinas webs.
Con el podemos dar forma a tódolos elementos que compoñen unha páxina web mediante etiquetas HMTL.
  • ETIQUETAS HTML:
As etiquetas HTML son marcas representadas entre corchetes angulares que sinalan o fragmento do texto ao que queremos aplicar un efecto ou modificalo.
O esquema dunha etiqueta HTML é o seguinte:


  1. Etiqueta: é o nome da etiqueta.
  2. Atributo: é unha característica da etiqueta que pode ser modificada.
  3. Valor: é o valor que lle damos ao atributo.
  4. Contido: texto ou fragmento de texto que se sitúa dentro das etiquetas de apertura e peche, ao que se lle aplica un efecto determinado.
  • ESTRUCTURA DUNHA PÁXINA WEB:
Toda páxina web debe presentar o seguinte formato:
  1. Todos os documentos teñen que comenzar coa etiqueta de abertura <html> e rematan coa mesma, pero de peche.
  2. Estructúrase en duas partes, <head> a de cabeceira, e <body> e o corpo.
  3. Entre as etiquetas <head> e <head> encóntranse a información acerca do tipo de documento que se trata, que tipo de codificación usa, etc.
  4. Entre as etiquetas <title> e <title> atópase o nome da páxina, que aparece na barra de título do navegador. Ponse na cabeceira do documento, entre <head> e <head>.
  5. O contido do documento web (imaxes, texto, vídeos, etc.) colócase entre as etiquetas <body> e <body>.



lunes, 1 de diciembre de 2014

Diseño de páxinas webs: ¿QUE É UNHA PÁXINA WEB?

O método máis coñecido polo que a Internet se comunica connosco é a través das páxinas webs no protocolo HTTP.
  • Unha páxina web é un documento dixital que, ademais de texto, contén archivos multimedia (sons, imaxes, vídeos, animaciones), e enlaces que dan acceso a páxinas que están relacionadas coa mesma.
  •  Un navegador é un programa que é capaz de interpretar as páxinas webs.
  • Un hipervínculo é un fragmento de texto enlazado, de maneira que cando facemos clic nel accedemos a unha páxina web relacionada coa que estamos vendo.
  • Un documento HTML é outro nome co que se designan as páxinas webs, debido a que o termo HTML fai referencia ao linguaxe co que se crean as páxinas webs.

domingo, 30 de noviembre de 2014

Práctica 16: DESEÑO DE PÁXINAS WEB - JIMDO

Botádelle un vistazo á páxina que fixen a través de Jimdo, un servidor que che permite crear páxinas web profesionais de maneira fácil e moi rápida.

miércoles, 26 de noviembre de 2014

Práctica 14: GOOGLE MAPS

Aquí podedes ver dous planos de dúas cidades localizados a través da aplicación para Maps de Google para que vos fagades unha idea de como funciona.

1. Palma de Mallorca (Illas Baleares, España):



 2. Venecia (Italia):

miércoles, 5 de noviembre de 2014

3 MINUTOS NO FUTURO

-SIPNOSE:
Nun telexornal  chamado "Telesteiro" a noticia principal de hoxe é un documental no que nos ensinan as novas tecnoloxías en Galicia no ano 2020, así como as avances en mediciña e seguridade.


-AUTORES:

martes, 28 de octubre de 2014

Práctica 11: SLIDESHARE

Aquí tendes varios exemplos para que vexades como é unha presentación creada dende este programa online:

1. Presentación sobre a definición e características dunha nova versión web, a web 2.0

la web 2.0 from jacas1984

2. Presentación acerca de como se emprega a aplicación para archivos de audio Ivoox.
Tutorial ivoox from Fabricio Nino

3. Presentación da orixe de Apple e a súa evolución.

Apple from byeme

Práctica 10: MARC MARQUÉZ

Nesta nova entrada móstrovos unha breve presentación dedicada ao famoso piloto español de motociclismo, Marc Marquéz; feita e compartida en Google Drive polas miñas compañeiras María, Alba e eu

.

lunes, 27 de octubre de 2014

Práctica 9: WINDOWS MOVIE MAKER

Aquí vos deixo a presentación que fixen a través do Google Drive na que explico como funcina o programa Windows Movie Maker e as distintas versións existentes.

 

martes, 14 de octubre de 2014

Práctica 8: EMPREGO DAS TIC'S NA NOSA VIDA COTIÁ

Nesta entrada podedes ver un video que mostra a utilidade que estas teñen estas tecnoloxías en tódolos ámbitos da nosa vida.


Práctica 6.3: PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS TIC'S




Práctica 6.2: INFORMACIÓN SOBRE AS TIC'S


          CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS DAS TIC'S:

  • Son de carácter innovador e creativo, pois dan acceso a novas formas de comunicación.
  • Teñen maior influencia na área educativa, xa que a fai máis accesible e dinámica.
  • Son considerados temas de debate público e político, pois o seu uso implica un futuro próspero.
  • Asócianse, sobre todo, coa Internet e a informática.
  • Afectan a unha gran cantidade de ámbitos das ciencias de carácter humanístico como a socioloxía, a teoría das organizaciones ou a xestión.
  • Arxentina, México, España e Francia, son países que destacan polo interese no emprego e estudo das Tic's no ámbito educativo e nas institucións.
           NOVAS TECNOLOXÍAS APLICABLES ÁS TIC'S:

  • Internet
  • Robótica
  • Ordenadores específicos

viernes, 10 de octubre de 2014

Práctica 6.1: ¿QUE SON AS TIC'S?


As tecnoloxías da Información e da Comunicación, tamén coñecidas como TIC's, son o conxunto de tecnoloxías desenvoltas para xestionar información e enviala dun lugar a outro.  

As TIC desenrólanse a partir dos novos avances científicos producidos no ámbito da infórmatica e das telecomunicacións. Contan con un amplo abanico de funcións tecnolóxicas aplicables a información: o seu almacenamento e posibilidade de recuperación, o seu intercambio sin límites dun lugar a outro, ou o seu procesamento para poder calcular resultados e elaborar informes.








martes, 7 de octubre de 2014

BENVIDOS AO MEU BLOGGUE

Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

Quero presentarvos o meu novo bloggue no que publicarei todo tipo de información, contidos básicos e noticias sobre una materia relacionada coas de TIC ( Tecnoloxías da Información e da Comunicación ); ademais de tódalas actividades, prácticas e proxectos que vaiamos realizando na aula.